{"id":90,"date":"2017-10-13T11:51:42","date_gmt":"2017-10-13T10:51:42","guid":{"rendered":"http:\/\/iux.es\/blog\/?p=90"},"modified":"2017-10-13T11:53:32","modified_gmt":"2017-10-13T10:53:32","slug":"a-minaria-galega-por-juan-ramon-vidal-romani","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/iux.es\/blog\/2017\/10\/13\/a-minaria-galega-por-juan-ramon-vidal-romani\/","title":{"rendered":"A minaria galega. Por Juan Ram\u00f3n Vidal Roman\u00ed"},"content":{"rendered":"<p>Galicia deixou de ser unha provincia mineira hai moitos anos. Os seus recursos mineiros de agora son exclusivamente os que se chaman minerais e rochas industriais: seixo, caol\u00edn, arxilas, lignitos, lousa, cuarcita e granito. A s\u00faa traduci\u00f3n no que se refire a Patrimonio natural, Recursos cient\u00edficos e Medio ambiente \u00e9 simples: Desolaci\u00f3n, Destruci\u00f3n, Desaparici\u00f3n. Moito se ten louvado, para desgracia dos galegos, a potencialidade mineira de Galicia e de feito os seus recursos minerais foron moi variados debido \u00e1 complexidade da sua xeolox\u00eda que deu oportunidade a formaci\u00f3n de xacementos minerais de todo tipo. Mal\u00eda ese feito todos os recursos que existiron en Galicia xamais ter\u00edan sido explotados se non fora pola sua proximidade a Europa ou da conxuntura das duas guerras mundiais. Esto convertiu a Galiza na fonte de materias primas mais pr\u00f3xima ao conflicto. A miner\u00eda ten sido para Galicia a sua ruina ainda que servira para o enriquecimento de alg\u00fans poucos. Nada se ten aproveitado Galicia dos seus publicitados ata o paroxismo recursos mineiros que se dec\u00edan marabillosos e inagotables. Mais non resultaron ser nen unha cousa nen a outra.<br \/>\nOs primeiros empresarios dos que hai rexistro hist\u00f3rico que co\u00f1eceron e explotaron os recursos mineiros de Galicia foron os Fenicios. Ainda que esluidos nas br\u00e9temas dos relatos con referencias xeogr\u00e1ficas pouco precisas Galicia parece identificarse como algunha das Illas Casiterites. Pouco, se algo, fica daquela primeira minar\u00eda. Os seguintes en entrar en Galicia \u00e1 procura, esta vez de ouro, foron os Romanos. A sua explotaci\u00f3n masiva do ouro deixou pegadas ainda hoxe reco\u00f1ecibles en zonas como As M\u00e9dulas, o val do Sil e o do Lor no Courel. Despois dos Romanos foi no s\u00e9culo XVIII-XIX a siderurxia rural que aproveitaba maus xacementos de ferro, (con moito xofre), foi a que fixo agromar unha pleiade de pequenas ferrer\u00edas e os mazos ou machucas por todo o territorio galego nomeadamente nas provincias de Lugo e Ourense. As chatas de \u00e9sta siderurxia de corredoira foron a sua utilizaci\u00f3n como combustible do carbon vexetal e a sua contribuci\u00f3n \u00e1 desaparici\u00f3n das carballeiras galegas. (\u00c9 curioso notar que as ferreir\u00edas foron manexadas por vizcainos e os mazos por catal\u00e1ns). Nomeadamente dentre todas elas compre destacar a industria do Marqu\u00e9s de Sargadelos que arrasou as fragas do norte de Lugo primeiro para facer material de guerra ainda que despois se continuara coa cer\u00e1mica de Sargadelos na sua primeira etapa. Na Segunda Guerra mundial novamente a guerra foi o motor da explotaci\u00f3n masiva de recursos da minar\u00eda met\u00e1lica galega como \u00e9 o caso do wolfram quer en Galicia quer no norte de Portugal. Aproveitando man de obra barata, a econom\u00eda da fome nunha version galega do Klondike canadiano, os gambusinos locais andiveron a procura do wolframio que logo vend\u00edan a alem\u00e1ns o ingleses segundo quen lles ofertara millor prezo. Din que moitos cargamentos de wolframio foron parar ao fondo do mar comprado polos ingleses para que os alemans non poideran con aquel produto millorar as blindaxes dos seus carros de combate. E xa despois da 2\u00aa Guerra Mundial compa\u00f1\u00edas estranxeiras (inglesas, francesas, canadianas e alemans) deron cabo dos \u00faltimos recursos mineiros galegos.<br \/>\nNo s\u00e9culo XX chegou o tempo do expolio dos \u00faltimos recursos, os \u00fanicos que mante\u00f1en a maldita sona de Galicia como provincia mineira: as rochas e minerais industriais que son a coitelada mortal que vai acabar por unha banda cos recursos mineiros e por outra co medio ambiente. Todas estas explotaci\u00f3ns son \u00aba inferno aberto\u00bb, as que mais dano producen pois a s\u00faa explotaci\u00f3n arrastra a xeraci\u00f3n de grandes cantidades de entullos que ocupan mais espacio que o orixinal e que non hai outra soluci\u00f3n que deitalas na superficie da terra. No caso particular dos minerais enerx\u00e9ticos, os lignitos xa esgotados, o resultado son inmensas escombreiras de dif\u00edcil rexeneraci\u00f3n pola vexetaci\u00f3n, inestables quero dicir suxeitas a movementos e deslizamentos e inmensos furados que por l\u00f3xica se encheran coas chuvias dando lugar a grandes lagoas. \u00c9 o \u00fanico caso en que as empresas mineiras te\u00f1en restituido os xacementos \u00e1s suas condicions orixinais. Convertiron en lagoas o que inicialmente eran lag\u00f3as hai mill\u00f3ns de anos. Pero o que hab\u00eda dentro das lagoas convertiuse en fume, cinzas e a queima dos lignitos transformouse en enerx\u00eda el\u00e9ctrica que fuxiu, de novo para fora de Galicia. A da central el\u00e9ctrica das Pontes foi parar \u00edntegramente, a prezo de saldo, para a Factoria de San Cibrao e foi aproveitada por ALCOA para facer materia prima para envases de refrescos, papel para envolver bocadillos e agora mui\u00f1os e\u00f3licos que xeran mais enerx\u00eda que novamente fuxe para fora. Galicia \u00e9 unha inmensa m\u00e1quina de producir enerx\u00eda que non para de fuxir dela para deixar as ganancias fora dela e os refugallos que ninguen quere: lamas roxas, cinzas e furados, para os galegos. E no caso do aluminio nen sequera \u00e9 transformado en Galicia senon no Pais Vasco ou noutras partes de Espa\u00f1a. A vaca do cartel da propaganda para o Estatuto de Galicia de 1936 que debuxara Castelao comendo en Galicia a herba e sendo munxida en Madrid por un home de fato negro e chisteira \u00e9 agora sustituida por un mui\u00f1o e\u00f3lico, ou un encoro onde os cables levan a enerx\u00eda el\u00e9ctrica para fora.<br \/>\nOs lignitos de Galicia nunca foron grande cousa. O seu poder calor\u00edfico era cativo. Apenas prestaban a enerx\u00eda que da queimar madeira. Era un caso paralelo ao do Marques de Sargadelos coa sua Siderurxia de Corredoira feita a base de carbon vexetal. Como as centrais t\u00e9rmicas de Meirama e As Pontes precisaban de mais enerx\u00eda que a que lle fornec\u00eda a madeira que queimaban remediarono misturando nos seus fornos os cativos lignitos galegos con antracitas de EEUU, Sud\u00e1frica, e Polonia, rexeitadas por aqueles paises polo seu alto teor en xofre e que foron importadas por Espa\u00f1a a baixo prezo. De maneira que os kilowatios producidos con recursos galegos (?) e primados polo Goberno Espa\u00f1ol, sobre todo nos momentos en que o prezo do petr\u00f3leo sub\u00eda, pois supu\u00f1an un aforro de divisas para o Pa\u00eds, eran de feito xerados a partires de carbons altamente contaminantes e rexeitados polos paises que os vend\u00edan. Se ga\u00f1aron cartos por importar carbons de fora, se ga\u00f1aron cartos por xerar enerx\u00eda con recursos propios que nono eran pois se producian con carbons importados e Galicia ga\u00f1ou chuvias de xofre (sulf\u00farico). Galicia ficou sen lignitos e sen enerx\u00eda porque ou ben exportaba os kilowatios producidos aqu\u00ed para o resto de Espa\u00f1a ou ben industrias asentadas en Galicia os empregaban para transformar as bauxitas de Brasil ou de Jamaica en tochos de aluminio que logo se transformaban fora de Galicia en produtos que retornaban a Galicia en materiais transformados con alto valor engadido. Expolio tras expolio da enerx\u00eda e dos produtos transformados con esa enerx\u00eda dos que Galicia non tirou proveito alg\u00fan.<br \/>\nO \u00faltimo cap\u00edtulo desta vella historia e o das chamadas rochas ornamentais: granitos, lousas e cuarcitas. A explotacion destes chamado recursos mineiros e a \u00faltima ruina para Galicia. Tal como se fan as cousas en Galicia no negocio das rochas ornamentais esta industria non ter\u00eda futuro mais que en paises terceiro mundistas ou nada desenvolvidos. As relaci\u00f3n entullos producidos \/produto aproveitable son arrepiantes. A industria da Lousa en datos fornecidos polas mesmas empresas do sector nen chegan aproveitar o 1% do que estragan. No millor dos casos por cada peza de lousa que fica enriba dunha casa 99 mais agardan polo Xuizo Final na propia canteira de onde foron extraidas. Non \u00e9 de extra\u00f1ar este baixo rendemento pois estes terroristas ecol\u00f3xicos empregan os mesmos m\u00e9todos que a ETA: carga de dinamita e despois a apa\u00f1ar o pedazo mais grande que fique e o levan as naves de elaboraci\u00f3n onde candidatos a xordeira ou a silicose exfol\u00edan a golpes de martelo e cincel a lousa para transform\u00e1la en laminas que despois retallan aos tama\u00f1os normalizados que lles eisixen os clientes. O 25% da produci\u00f3n mundial (0 60% segundo os \u00faltimos datos do cluster da Lousa en Ourense) \u00e9 xerada por estas ins\u00f3litas ONG\u2019s da mineria que son as empresas da lousa galegas. E como no caso da siderurxia galega do Marqu\u00e9s de Sargadelos, ou como no caso dos lignitos, ou como no caso do wolfram e o esta\u00f1o, Galicia fica con todas as suas terras millores ateigadas dos entullos que ningu\u00e9n quere para os seus paises e que xenerosamente nos regalan. E como a produci\u00f3n non abonda os nosos \u201cempresarios\u201d te\u00f1en procurado outros paises mais pobres ou ainda menos eisixentes que o noso e comenzan a importar lousa de Brasil e de China que logo de barallar como nunha sinistra timba de cartas coa \u201csanta lousa galega\u201d sera exportada ao mundo civilizado como aut\u00e9ntica lousa galega \u201ca millor do Mundo e cecais de Portugal\u201d. Novamente, como no caso da mistura de lignitos galegos e carbons do resto do mundo temos conseguido a cadratura do circo. Conseguir cobrar a Espa\u00f1a, \u00e9 dicir a nos, os que pagamos os tributos, duas ou tres veces a mesma factura. E novamente os galegos ficamos co que ninguen quere: os furados e os entullos. E cando os responsabeis piden que se reparen os danos os empresarios da lousa din que non te\u00f1en cartos e \u00e9 a administracion xenerosa cos seus cartos, ou sexa cos nosos cartos, \u00e9 a que debe acometer a tarefa de reparar os danos.<br \/>\nO caso do granito \u00e9 un pouco menos dramatico, mais semellante o da lousa. Aqui as ratios entullos producidos\/material aproveitado son un poco mais baixas. Entre un 20 e un 30%. Ou sexa por cada 20 bloques de granito fican na canteira tan so 80 bloques que nin se aproveitan.<br \/>\nE novamente repetese a historia, a vella historia de sempre. Queren mais granito galego para o Mercado mundial e invaden os territorios pr\u00f3ximos. O Mi\u00f1o\/Minho xa non \u00e9 raia nen seca nen mollada. E invaden Valen\u00e7a do Minho destruindo novamente as paisaxes gran\u00edticas ata agora virxes e facendo axir a lei da gravidade, a \u00fanica lei que respeitan os empresarios da Pedra Galega. Reventan os curutos dos montes e deitan ladeira abaixo o que non lles vale para tallar os blocos de granito que levar\u00e1n para as suas naves de elaboraci\u00f3n e despois exportaren ao mundo como granito galego.<br \/>\nTal vez sexa este o sino de Galicia, conservadora ata no seu xeito de explotar os seus \u201crecursos mineiros\u201d da maneira mais primitiva que existe ainda que na vez de utilizar a cu\u00f1a de madeira empregan a dinamita, e no millor dos casos o fio de diamante e o soplete de acetileno. Somos o ultimo povo de Europa en explotar o seu territorio dun xeito tan suicida e irreflexivo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"Galicia deixou de ser unha provincia mineira hai moitos anos. Os seus recursos mineiros de agora son exclusivamente os que se chaman minerais e rochas industriais: seixo, caol\u00edn, arxilas, lignitos, lousa, cuarcita e granito. A s\u00faa traduci\u00f3n no que se refire a Patrimonio natural, Recursos cient\u00edficos e Medio ambiente \u00e9 simples: Desolaci\u00f3n, Destruci\u00f3n, Desaparici\u00f3n. Moito&#8230; <a class=\"view-article\" href=\"https:\/\/iux.es\/blog\/2017\/10\/13\/a-minaria-galega-por-juan-ramon-vidal-romani\/\">Leer m\u00e1s<\/a>","protected":false},"author":1,"featured_media":91,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-90","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/90","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=90"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/90\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":93,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/90\/revisions\/93"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/91"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=90"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=90"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/iux.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=90"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}