Presentación

Instituto Universitario de Xeoloxía, Campus de Elviña. A Coruña.

Antigas instalacións do IUX en O Castro, Sada, onde se atopaban o Servizo de Documentación e a Biblioteca do IUX. (1979-2016).

O Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal xurde do acordo entre dúas entidades galegas: a Universidade da Coruña e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe (Fundación Isidro Parga Pondal) para desenrolar unha actividade científica e investigadora no eido da xeoloxía. Esta colaboración inicióuse xa informalmente no 1979 cando aínda non existía a Universidade da Coruña máis sí o Colexio Universitario da Coruña, dependente da Universidade de Santiago. Dese primer acordo tácito resultaron numerosas actividades apuntadas no apartado de actividades do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.


No 1994 a Universidade da Coruña e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe (Fundación Isidro Parga Pondal) do Seminario de Estudos Galegos firman un convenio de colaboración en diversos ámbitos: publicacións científicas, ensino universitario, investigación e divulgación da Xeoloxía de Galicia e do Hercínico Peninsular que culmina coa creación do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal por Decreto publicado no D.O.G. 243/1997 número 156 de Agosto de 1997. Para facilitar o logro dos obxectivos do citado convenio, e como consecuencia da vontade das dúas entidades participantes, decidíuse nese momento utilizar a fórmula do Instituto Universitario que, de acordo co artículo 11 da ley de Reforma Universitaria (L.R.U.), son centros fundamentalmente adicados á investigación que poden realizar actividades docentes e de investigación referidas a ensinanzas especializadas ou relacionadas con programas de doutoramento e proporcionar asesoramento científico-técnico.


O Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal ten unha vocación integradora da Xeoloxía en todas as súas especialidades con todas aquelas disciplinas ou coñecementos que, aínda non sendo propiamente xeolóxicos, relaciónanse diretamente con ela e permiten unha utilización máis racional dos recursos da Universidade da Coruña e do Laboratorio Xeolóxico de Laxe de indubidable enraizamento na cultura, a historia e a ciencia de Galicia.